Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2013, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncia a contratación da reserva e ocupación de prazas nas unidades de apoio comunitario para enfermos con trastorno mental persistente, polo procedemento aberto e tramitación urxente (AB-SER4-13-001).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER4-13-001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da reserva e ocupación de prazas nas unidades de apoio comunitario para enfermos con trastorno mental persistente.

b) División por lotes e número: si, 32 lotes.

c) Lugar de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: catro anos desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: mellor oferta tendo en conta os seguintes criterios:

Concepto

Puntuación

Oferta económica

0 - 40

Melloras de recursos humanos

0 - 30

Obradoiros e actividades

0 - 30

4. Orzamento base de licitación: vinte e un millóns dezanove mil oito euros (21.019.008,00 €).

Ano

Importe

Aplicación orzamentaria

2013

1.751.584,00 €

5001 412B 25802

2014

5.254.752,00 €

5001 412B 25802

2015

5.254.752,00 €

5001 412B 25802

2016

5.254.752,00 €

5001 412B 25802

2017

3.503.168,00 €

5001 412B 25802

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Garantía definitiva: non se exixe.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo Galego de Saúde.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 15703, Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 881 54 27 78.

e) Telefax: 881 54 27 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: antes das 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver punto 5.3.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (ver punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións para a adxudicación.

e) Admisión de variantes: non.

10. Apertura das ofertas: Servizo Galego de Saúde (apertura do sobre B).

a) Hora: publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

b) Lugar: Edificio Administrativo San Lázaro (Santiago de Compostela).

c) Data: publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver punto 3.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013

P.D. (Decreto 43/2013, Orde 5.7.2012)
Mª Nieves Domínguez González
Xerente do Servizo Galego de Saúde