Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28138

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (210/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 18.6.2013 no proceso seguido por instancia de Laura Rodríguez Rodríguez contra Comytek Estudios Técnicos Comerciales, S.L., en reclamación por salarios, rexistrouse co número PO 210/2011 e acordouse notificar a Comytek Estudios Técnicos Comerciales, S.L. o ditame de sentenza seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Laura Rodríguez Rodríguez fronte a Comytek Estudios Técnicos Comerciales, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que aboe á parte demandante a cantidade de 4.095,97 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación: lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado-xuíz que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Comytek Estudios Técnicos Comerciales, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 21 de xuño de 2013

A secretaria xudicial