Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2013/138-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CS rúa das Pontes.

Situación: Nigrán.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 31 metros de lonxitude, con orixe na LMT GON816 Porto do Molle I, no tramo entre a subestación Gondomar e o CS proxectado, e final na LMTS GON816 Porto do Molle I, no tramo entre o CS proxectado e o CS Snop Estampación, unha vez entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento con celas compactas con corte en SF6, situado na rúa das Pontes, polígono Porto do Molle, Nigrán.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de xuño de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra