Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2013, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se somete a información pública un expediente de solapamento de concesións de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de regularización da seguinte concesión:

– V-1498; XG-090, Lugo-Ourense, con anexos, da titularidade de Eleuterio López y Cía, S.L., e V-7042; XG-416, Lugo-Lalín-Vigo, con anexos, da titularidade de Gómez de Castro, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 2º andar), efectuar as alegacións que estimen oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.lugo@xunta.es

Lugo, 21 de xuño de 2013

María del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo Territorial de Mobilidade de Lugo