Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo suxeito a regulación harmonizada para a explotación da rede de control de prepotables, rede de control de tramos piscícolas, rede OSPAR e rede de pequenos encoros das bacías hidrográficas de Galicia-Costa, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.088.320.SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: explotación da rede de control de prepotables, rede de control de tramos piscícolas, rede OSPAR e rede de pequenos encoros das bacías hidrográficas de Galicia-Costa.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71620000-0.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S117, do 21 de xuño; Diario Oficial de Galicia núm.118, do 21 de xuño e Boletín Oficial del Estado núm. 151, do 25 de xuño de 2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.618.460,52 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.309.230,26 euros. Importe total: 1.544.891,71 euros. Cofinanciado polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos (incluídas a elaboración e aplicación de plans e medidas para prever e xestionar os riscos naturais e tecnolóxicos), actuación 3.53.8: medidas de vixilancia das canles para asegurar a súa calidade ambiental. Unha maneira de facer Europa.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 22 de marzo de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 13 de xuño de 2013.

c) Contratista: Certio Medio Ambiente, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 1.018.973,91 euros. Importe total: 1.232.958,43 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2013

P.D. (Resolución 30.1.1212; DOG número 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file