Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 28011

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Caramiñal

ANUNCIO de información pública sobre estación de servizo no peirao comercial.

Juan Alberto del Río Vázquez, promotor que figura na concesión administrativa de Portos de Galicia, solicitou a licenza de instalación de estación de servizo para instalar no peirao comercial desta vila, sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, polo que neste concello se tramita o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días mediante anuncio no DOG e no BOP para que os que se vexan afectados pola dita actividade presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

A Pobra do Caramiñal, 16 de maio de 2013

Isaac V. Maceiras Rivas
Alcalde