Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO da Dirección Xeral de Comercio, do 28 de xuño de 2013, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 1/2013, relativo ao proxecto de implantación do establecemento colectivo Centro Comercial e de Ocio Abella, situado no concello de Lugo, promovido por Inversiones Abuín 2, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, relativo ao proxecto de implantación do establecemento colectivo Centro Comercial e de Ocio Abella, situado no concello de Lugo, promovido por Inversiones Abuín 2, S.L.

Para estes efectos, completando a información que se lle debe outorgar ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) Inversiones Abuín 2, S.L. solicitou a concesión da autorización autonómica relativa ao centro comercial Abella para implantarse na rúa Orquídea, s/n.

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Economía e Industria, en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia e no Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano de que se pode obter información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, terceiro andar, Santiago de Compostela, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

e) A participación do público poderá realizarse durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As persoas que o desexen poderán tomar vista do expediente durante o referido período e formular as alegacións, observacións e suxestións que consideren oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2013

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio