Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dá publicidade da Resolución do 25 de abril de 2013, do secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria, na que se formula a declaración da condición de mineral natural das augas procedentes da captación Abelleira, sita no termo municipal de Cospeito (Lugo).

Visto o artigo 3 do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para o consumo humano, o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo

RESOLVE:

Dar publicidade da Resolución do 25 de abril de 2013, do secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria, na que se formula a declaración da condición de mineral natural das augas procedentes da captación Abelleira, cunha designación en coordenadas UTM x=616.030 e y=4.787.794, sita na parroquia de Vilapene, no termo municipal de Cospeito (Lugo), promovido pola entidade Augas de Cospeito, S.L.U.

A dita resolución incorpórase ao expediente e encóntrase á disposición de calquera interesado nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Lugo, 28 de maio de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo