Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27752

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre contratación dos servizos de recollida, transporte e entrega de residuos.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Fomento. Nº expediente: 1799-440.

2. Obxecto do contrato: descrición: servizos de recollida, transporte e entrega a xestor autorizado dos residuos procedentes de construcións e demolicións xerados polo taller do servizo de vías e obras do Concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: dous anos.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 160.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non procede.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará ós 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 27 de xuño de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación