Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27756

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia

ANUNCIO de creación dos ficheiros referentes ao Rexistro de Bateas, Rexistro de Centros de Depuración-Expedición e Rexistro de Transformadores-Usuarios.

O Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, en sesión do 29 de novembro de 2012, como corporación de dereito público, de conformidade co artigo 53.4 e concordantes do Real decreto 1720/2007, acordou crear os ficheiros incluídos no anexo, co contido e coa xestión que para cada un deles se detalla, ao abeiro e con sometemento á normativa xeral de aplicación.

Vilagarcía de Arousa, 18 de marzo de 2013

Francisco A. Alcalde García
Presidente

ANEXO
Ficheiro: Rexistro de Bateas

a) O ficheiro Rexistro de Bateas ten como finalidade o control da calidade da produción de mexillón cultivado e a xestión de cotas.

b) Colectivo e orixe dos datos: concesionarios titulares de bateas, directamente polas súas solicitudes de inscrición e documentación presentada, así como dos procedementos documentados do control de calidade, propio ou subcontratado.

c) Estrutura e tratamento: base de datos con campos referidos á identificación da batea e do titular (sociedade, nome, apelidos, CIF/DNI, enderezo, teléfono etc.), á organización, asociación ou cooperativa a que pertence etc. Tratamento parcialmente automatizado.

d) Comunicacións de datos: os datos poderán ser comunicados a organismos públicos, en especial á Consellería do Medio Rural e do Mar e á Consellería de Sanidade, de seren solicitados, así como á entidade de certificación e control subcontratada.

e) Non está prevista a transferencia internacional de datos.

f) Órgano responsable do ficheiro: Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia. Avenida da Mariña, 25, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

h) As medidas de seguridade acadarán o nivel básico.

Ficheiro: Rexistro de Centros de Depuración-Expedición

a) O ficheiro Rexistro de Centros de Depuración-Expedición ten como finalidade o control de calidade da produción de mexillón depurado e expedido e a xestión de cotas.

b) Colectivo e orixe dos datos: titulares de centros de depuración-expedición, directamente polas súas solicitudes de inscrición e documentación presentada, así como dos procedementos documentados do control de calidade, propio ou subcontratado.

c) Estrutura e tratamento: base de datos con campos referidos á identificación do centro de depuración-expedición e do titular (sociedade, nome, apelidos, CIF/DNI, enderezo, teléfono etc), á organización, asociación ou cooperativa a que pertence, etc. Tratamento parcialmente automatizado.

d) Comunicacións de datos: os datos poderán ser comunicados a organismos públicos, en especial á Consellería do Medio Rural e do Mar e á Consellería de Sanidade, de seren solicitados, así como á entidade de certificación e control subcontratada.

e) Non está prevista a transferencia internacional de datos.

f) Órgano responsable do ficheiro: Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia. Avenida da Mariña, 25, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

h) As medidas de seguridade acadarán o nivel básico.

Ficheiro: Rexistro de Transformadores-Usuarios

a) O ficheiro Rexistro de Transformadores-Usuarios ten como finalidade o control de calidade da produción de mexillón procesado e a xestión de cotas.

b) Colectivo e orixe dos datos: concesionarios titulares de empresas de transformación-usuarios, directamente polas súas solicitudes de inscrición e documentación presentada, así como dos procedementos documentados do control de calidade, propio ou subcontratado.

c) Estrutura e tratamento: base de datos con campos referidos á identificación da empresa transformadora e do titular (sociedade, nome, apelidos, CIF/DNI, enderezo, teléfono etc). Tratamento parcialmente automatizado.