Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se lle dá publicidade á autorización ambiental integrada outorgada dunha explotación avícola en Cartelos (Carballedo).

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á nova autorización ambiental integrada concedida para a actividade industrial que se relaciona a seguir e que se pode consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

– Resolución do 7 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental e se outorga unha nova autorización ambiental integrada por modificación substancial da explotación avícola de galiñas de posta no lugar de Vilaguillulfe, parroquia de Cartelos, no concello de Carballedo (Lugo). Titular: Alberto Vázquez Vázquez (nº de rexistro AAI: 2006/0401_NAA/IPPC_096; clave expediente de modificación substancial 2012-IPPC-M-87).

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental