Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27489

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2013, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se dá publicidade á relación de petróglifos do concello de Mondariz e se ordena o seu asento no Rexistro de Bens de Interese Cultural.

Os petróglifos son un tipo específico de arte rupestre consistente en gravados sobre laxes ó aire libre. A súa cronoloxía segue a ser discutida e poden pertencer a diferentes épocas prehistóricas e históricas, desde finais do Neolítico, pasando pola Idade de Bronce e do Ferro, ata a época medieval. En Galicia abundan especialmente na provincia de Pontevedra, considerada, de feito, como unha das zonas máis ricas de Europa neste tipo de gravados. Atendendo a esta realidade, o Decreto 3741/1974, do 20 de decembro, declara monumentos histórico-artísticos de carácter nacional cento noventa e cinco gravados rupestres existentes na provincia de Pontevedra por entón coñecidos, entre os cales non aparece ningún do concello de Mondariz.

Con posterioridade, o artigo 40.2 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, establece que quedan declarados bens de interese cultural por ministerio desa lei as covas, abrigos e lugares que conteñan manifestacións de arte rupestre. Pola súa banda, a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, dispón na súa disposición adicional primeira que todos aqueles bens mobles e inmobles sitos no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia que fosen declarados de interese cultural con anterioridade á entrada en vigor desa lei pasarán a ter a consideración de bens de interese cultural e quedarán sometidos ao mesmo réxime xurídico de protección aplicable a estes.

Por tanto, dado que os petróglifos constitúen un tipo específico de manifestación de arte rupestre, aplícaselles o réxime xeral de protección previsto na mecionada lei de patrimonio cultural para os bens inmobles declarados de interese cultural. A plena aplicación dese réxime, así como os principios de publicidade e seguridade xurídica que informan o noso ordenamento, unido ao deber dos poderes públicos de promover o acceso á cultura recollido no artigo 44 da Constitución, avalan a necesidade de que a medida que se vaia acreditando a existencia deste tipo de bens se instrumenten os medios necesarios para garantir o seu su xeral coñecemento.

Con data do 10 de decembro de 2012 ten entrada no rexistro da Xunta de Galicia un escrito do concello de Mondariz polo que se solicita a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a declaración como bens de interese cultural de determinados elementos existentes dentro do seu termo municipal, entre os cales se atopan os gravados rupestres de Gargamala.

Recibida esa petición e vista a documentación existente nesta dirección xeral sobre 40 gravados rupestres no termo municipal de Mondariz, así como a lexislación de aplicación enriba citada, tendo en conta que sobre ningún deles se dictara unha declaración singular por outros conceptos, despois de obter o informe técnico do servizo competente en materia de inventario, Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural realiza as dilixencias oportunas para que eses bens queden correctamente asentados no Rexistro de Bens de Interese Cultural e que tal circunstancia sexa obxecto da debida publicidade. Para estes efectos, solicítase o parecer da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra e do propio concello afectado, en relación ao recoñecemento como ben de interese cultural dos 40 petróglifos que se relacionan no anexo desta resolución. Tanto a devandita comisión, na súa reunión do 9 de abril de 2013, como o concello, a través dos seus servizos técnicos, manifestan o seu pronunciamento favorable.

Por todo o cal, realizadas as verificacións correspondentes e segundo as disposcións vixentes en materia de patrimonio cultural, cómpre dictar, en exercicio das competencias que esta dirección xeral ten recoñecidas no artigo 13 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, que desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de petróglifos que figuran identificados no anexo, para xeral coñecemento da súa condición de bens de interese cultural.

Segundo. Ordenar ao Servizo de Planeamento e Inventario que proceda a inscribir os petróglifos referidos no Rexistro de Bens de Interese Cultural en cumprimento do disposto no artigo 14 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2013

María Carmen Martinez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

ANEXO

Petróglifos do Concello de Mondariz

Nome

Código anterior de referencia

Parroquia

Lugar

Petróglifos do Cruceiro/do Monte Mourelle

GA36030002

Gargamala (Santa María)

A Rúa

Petróglifos de Pé de Mula/de Sabaxáns

GA36030003

Sabaxáns (San Mamede)

Soutelo

Petróglifos da Laxe do Esperón

GA36030004

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos do Campado 1

GA36030033

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos do Campado 2

GA36030034

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos de Coto dos Cabeiros 1

GA36030035

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos do Campado 3

GA36030036

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos do Campado 4

GA36030037

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos de Campo Redondo

GA36030038

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos dos Rochos 1

GA36030039

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos dos Rochos 2

GA36030040

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos dos Rochos 3

GA36030041

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos de Fochanca 1

GA36030042

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos de Fochanca 2

GA36030043

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos dos Rochos 4

GA36030044

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos dos Rochos 5

GA36030045

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos dos Rochos 6

GA36030046

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos de Escornabois

GA36030047

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos de Laxas Espurreiras

GA36030048

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos das Cavadas

GA36030049

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos do Esperón

GA36030050

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos de Coto dos Cabeiros 2

GA36030051

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos do Campado 5

GA36030052

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos do Campado 6

GA36030053

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos do Campado 7

GA36030054

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos do Campado 8

GA36030055

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos do Campado 9

GA36030056

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos de Carqueixede

GA36030061

Mouriscados (San Cibrán)

Campo do Mouro

Petróglifos da Cavada do Cura

GA36030069

Mouriscados (San Cibrán)

Campo do Mouro

Petróglifos de Picoto

GA36030071

Meirol (Santo André)

O Picoto

Petróglifos dos Pasais

GA36030074

Mouriscados (San Cibrán)

Lamela-San Xoán

Petróglifos de Torreirós

GA36030086

Gargamala (Santa María)

Mourelle

Petróglifos de Chan das Veigas

GA36030088

Frades (San Martiño)

Vedrelos

Petróglifos da Cavada dos Rochos 1

GA36030090

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos da Cavada dos Rochos 2

GA36030091

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos do Barral

GA36030092

Gargamala (Santa María)

O Barral

Petróglifos do Monte Mourelle

GA36030093

Gargamala (Santa María)

Mourelle

Petróglifos de Coto de Monzón

GA36030094

Gargamala (Santa María)

Mourelle

Petróglifos de Centieira

GA36030105

Mondariz (Santa Baia)

Sabaxáns

Petróglifos da Pedra das Nocellas

GA36030107

Queimadelos (Santa María)

As Pedras das Nocellas