Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, da contratación do servizo consistente na implementación de itinerarios integrados para a activación laboral no marco do proxecto CEDIM, aprobado no ámbito do POCTEP 2007-2013 (cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

1.1. Organismo: Secretaría Xeral da Igualdade.

1.2. Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Técnico-Administrativa e Orzamentaria.

1.3. Obtención da documentación e información:

1.3.1. Dependencia: Secretaría Xeral da Igualdade.

1.3.2. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

1.3.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

1.3.4. Teléfono de información de índole técnica: 981 54 53 60; teléfono información de índole administrativa: 881 99 91 95. Fax: 981 95 76 90.

1.3.5. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19196

1.4. Número de expediente: 2/2013.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Tipo: contrato administrativo de servizos.

2.2. Descrición: servizo consistente na implementación de itinerarios integrados para a activación laboral no marco do Proxecto CEDIM, aprobado no ámbito do POCTEP 2007-2013 (cofinanciado nun 75 % con fondos Feder).

2.3. Prazo de execución: dous meses contados a partir do día seguinte ao da formalización do contrato.

2.4. Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 78.512,40 €.

IVE (21 %): 16.487,60 €.

Importe total: 95.000,00 €.

5. Garantías exixidas:

5.1. Provisional: non se exixe.

5.2. Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos da empresa contratista:

6.1. Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 5.3.1.f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

6.2. Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 5.3.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas:

7.1. Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

7.2. Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

7.3. Lugar de presentación:

7.3.1. Dependencia: Rexistro da Secretaría Xeral da Igualdade.

7.3.2. Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

7.3.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Se as proposicións se envían por correo, deberá cumprirse o disposto na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7.4. Admisión de variantes: non procede.

7.5. Prazo durante o cal o/a licitador/a estará obrigado/a a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: o lugar, día e hora de apertura dos sobres 2 e 3 anunciaranse no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do/a adxudicatario/a do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2013

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade