Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27427

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 19 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o requirimento de danos do lote D-77/07.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entederase producida desde o día seguinte.

Lugo, 19 de xuño de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: D-077/07.

Interesada: María Luisa Martínez Pérez.

Acto notificado: requirimento de danos do lote D-077/07.