Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27393

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (89/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento DSP 89/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Rafael Graña Santos contra a empresa Sermarpesca, S.L., Consignaciones Luis Martines, S.L., Luis Martines Fernández, Lumar Natural Seafood, S.L., Lumafer, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o vinte e catro de maio de dous mil trece.

Parte dispositiva.

Acordo:

– Aprobar a avinza alcanzada entre as partes neste procedemento.

Ter por desistida a demandante da demanda presentada fronte a Sermarpesca, S.L., Consignaciones Luis Martínez, S.L., Luis Martínez Fernández, Lumar Natural Seafood, S.L. e Lumafer, S.L.

Suspender os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 8 de xullo de 2013.

– E arquivar as presentes actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

A secretaria xudicial