Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 14 de xuño de 2013 de non someter a modificación puntual número 16 das normas subsidiarias de planeamento municipal, concello de Vilanova de Arousa, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual nº 16 das normas subsidiarias de planeamento municipal, concello de Vilanova de Arousa, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1534/2013.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental