De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as incoacións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro).
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentaren ante a xefatura de coordinación as alegacións que xulguen pertinentes.
Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura de Coordinación da Área do Mar de Vigo, r/ Concepción Arenal, 8, 4º andar.
Nº de expediente: PESAN1 2013/000367-5.
Denunciado: Guillermo García Rial.
DNI: 36030673-T.
Enderezo: rúa Aragón, nº 210, 3º D, Vigo (Pontevedra).
Nº de expediente: PESAN1 2013/000373-5.
Denunciado: Manuel Ferreira Lorenzo.
DNI: 36075176-K.
Enderezo: rúa Roade, nº 10, 1º, Vigo (Pontevedra).
Vigo, 19 de xuño de 2013
Manuel Lago Molares
Instrutor