Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 26954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados en varios recursos contencioso-administrativos contra a Resolución do 14 de setembro de 2012 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Abegondo.

Nesta secretaría xeral recibíuse o escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos número P.O.4902/2012, interposto por Jorge Antonio Quindimil López; P.O.4900/2012, interposto por José Sánchez Fraga; P.O.4863/2012, interposto pola Plataforma de afectados polo Plan xeral de Abegondo; P.O.4896/2012, interposto por José Antonio Méndez García; P.O.4862/2012, interposto por Estefanía Fraguio Gómez e Emilio Gómez García; P.O.4864/2012, interposto por José Armando Fernández Fernández; P.O.4857/2012, interposto por Juan Manuel Arrojo Alonso; P.O.4899/2012, interposto por Irene Martínez García, e P.O.4897/2012, interposto por Telefónica Móviles de España, S.A., contra a Resolución do 14 de setembro de 2012 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Abegondo (A Coruña).

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia o 26 de febreiro de 2013.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que se emprazan para que poidan comparecer como demandadas nos autos, no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas