Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 26956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos 4135/2013 e 4171/2013 contra a Resolución do 7 de decembro de 2012, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Verín (Ourense).

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números 4135/2013 interposto por Arminda de Oliveira Morais, Antonio Núñez Oliveira e Armando Núñez de Oliveira, e 4171/2013 interposto por Manuel Nieto Carballedo, contra a Resolución do 7 de decembro de 2012, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Verín (Ourense).

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no 11 de xuño de 2013.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas