Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 11 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica o requirimento de emenda da documentación de axuda de prima non renovable a Luis Emilio Díaz Fabata.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle a Luis Emilio Díaz Fabata o requirimento de emenda da documentación da axuda de prima non renovable ao abeiro da Orde do 18 de marzo de 2013 (DOG nº 63, do 2 de abril).

A documentación presentarase no Rexistro Único e de Información do Complexo Administrativo de San Caetano ou no rexistro de calquera das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en orixinal ou copia compulsada, no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación. De non facelo no devandito prazo, considerarase que desiste da súa petición, logo da resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada lei.

O expediente que a seguir se relaciona e que está á disposición do interesado atópase na Secretaría Xeral do Mar, Edif. Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela:

Número de expediente: PE113D 2013/65-0.

Nome: Luis Emilio Díaz Fabata.

NIF: X4740391E.

Embarcación: Novo Recare.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2013

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar