Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26719

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1156/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1156/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrés Vigo Puentes contra as empresas Iglesias Miras, S.A., Ferrecal, S.A., Sanitarios Compostela, S.A., Climatizaciones Compostela, S.A., José Antonio Montero Vilar, Promociones Raplou, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2013.

Os anteriores escritos de alegacións presentados polas partes, relativos á petición de arquivo do procedemento por falta de competencia obxectiva, únanse aos autos. Trasládese ás partes codemandadas e ao Fogasa co fin de que no prazo de dous días aleguen o que ao seu dereito conveña respecto á petición de suspensión do procedemento por prexudicialidade solicitada pola parte demandante no seu escrito do 27 de febreiro de 2013.

Requírase a parte demandante co fin de que no prazo de dous días achegue copia íntegra da demanda do procedemento ordinario 651/2011, presentada ante o Xulgado do Social número 1 a que alude no seu escrito do 27 de febreiro de 2013.

Á vista das alegacións das partes demandadas sobre a posible falta de competencia obxectiva deste xulgado, remítanse as actuacións ao Ministerio Fiscal co fin de que no prazo de tres días emita informe sobre a falta de competencia obxectiva deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma á codemandada Promociones Raplou, S.L. por estar en ignorado paradoiro, insírese este edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2013

A secretaria xudicial