Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2012/613-1 e dous máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2012/613-1.

Acta inf. nº: I152012000162439.

Empresa: Limpiezas El Polígono, S.L.

NIF: B15412273.

Enderezo: avenida de Lugo, 159, baixo, 15703 Santiago de Compostela.

Materia: traballo (modificacións substanciais nas condicións de traballo).

Normativa infrinxida: artigo 41 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 7.6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade co artigo 40.1.b) do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 1.4.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Limpiezas El Polígono, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2013/55-1.

Acta inf. nº: I152012000165469.

Empresa: Placarama, S.L.

NIF: B13381397.

Enderezo: rúa Santa Teresa de Jornet, 5, 13300 Valdepeñas (Ciudad Real).

Materia: traballo (incumprimento do calendario laboral).

Normativa infrinxida: artigo 39 do convenio colectivo de empresas de construción da Coruña e artigo 47 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo.

Tipificación: artigos 5.1 e 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo co artigo 39.2 do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 16.4.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Placarama, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2013/164-1.

Acta inf. nº: I15201300022877.

Empresa: Restages Galicia 2007, S.L.

NIF: B70103486.

Enderezo: avenida Cataluña, 43, 2º A, Narón.

Materia: traballo (non aboamento do salario e da liquidación do contrato en tempo e forma).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f), 29.1 e 49.2 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo co artigo 39.2 do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 7.5.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Restages Galicia 2007, S.L. unha sanción por importe de novecentos euros (900 €).

A Coruña, 6 de xuño de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña