Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26700

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 20 de xuño de 2013 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escalas de arquitectos/as, enxeñeiros/as industriais e biólogos/as.

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 122, do 28 de xuño de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 25344, onde di:

«5. Seguridade estrutural na edificación. DB-SE. Resistencia e estabilidade. Aptitude ao servizo. Relación con outras normativas estruturais. Normativa de accións na edificación. DB-SE-AE. Cimentacións na edificación. DB-SE-C»,

Debe dicir:

«5. Seguridade estrutural na edificación. DB-SE. Resistencia e estabilidade. Aptitude ao servizo. Relación con outras normativas estruturais. Normativa de accións na edificación. DB-SE-AE».

– Na páxina 25345, onde di:

«18. Normativa estatal vixente en materia de accesibilidade. Aspectos básicos da Lei 51/2003, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. Real decreto 505/2007. Exixencia básica SUA 9.

19. Orde VIV/561/2010.

20. Normativa autonómica vixente en materia de accesibilidade. Conceptos básicos. Niveis de accesibilidade. O Código de accesibilidade.

21. O control de calidade na edificación. As entidades e laboratorios de control de calidade na edificación. Normativa autonómica. Exixencias de control de recepción e execución no Código técnico de edificación.

22. Seguridade e saúde nas obras de construción. Real decreto 1627/1997.

23. Organización de obras: técnicas de programación. Plan de obra. Control do proceso construtivo.

22. Organización de obras: técnicas de programación PERT e GANTT. Plan de obra. Control do proceso construtivo»,

Debe dicir:

«18. Normativa estatal vixente en materia de accesibilidade. Aspectos básicos da Lei 51/2003, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. Real decreto 505/2007. Exixencia básica SUA 9. Orde VIV/561/2010.

19. Normativa autonómica vixente en materia de accesibilidade. Conceptos básicos. Niveis de accesibilidade. O Código de accesibilidade.

20. O control de calidade na edificación. As entidades e laboratorios de control de calidade na edificación. Normativa autonómica. Exixencias de control de recepción e execución no Código Técnico de Edificación.

21. Seguridade e saúde nas obras de construción. Real decreto 1627/1997.

22. Organización de obras: técnicas de programación PERT e GANTT. Plan de obra. Control do proceso construtivo».