Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26461

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 7 de xuño de 2013 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 114, do 17 de xuño de 2013, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 23240, na letra e) do punto 6 do artigo 16, onde di: «e) No caso de creación de emprego indefinido por conta allea, copia dos contratos de traballo formalizados e rexistrados no SEPE e certificados de vida laboral da empresa no día de solicitude de axuda do ano de convocatoria da axuda e na data límite de execución do proxecto aprobado.

(…)».

Debe dicir: «e) No caso de creación de emprego por conta allea, copia dos contratos de traballo formalizados e rexistrados no SEPE e certificados de vida laboral da empresa no 1 de xaneiro do ano de convocatoria da axuda e na data límite de execución do proxecto aprobado.

(…)».