Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2013, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), pola que se anuncia a contratación do servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación de novas funcionalidades e na actualización continua no Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: CIXTEC.

2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4º. Teléfono: 981 54 13 37.

5º. Telefax: 981 54 12 70.

6º. Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

a) Número de expediente: 2013-021.

b) Tipo: servizos.

c) Descrición do obxecto: servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación de novas funcionalidades e na actualización continua no Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

d) Lugar de execución: o indicado no prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: doce meses desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 72212000-4.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e nun 20 %, con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) e con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1.611A.640.0 do CIXTEC para o exercicio 2013, onde existe crédito adecuado e suficiente, no seu orzamento de capital, para atender as obrigas derivadas desta contratación.

5. Valor estimado do contrato.

Importe: 155.800,00 euros.

6. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 155.800,00 euros. Importe total: 188.518,00 euros.

Anualidade 2013: 150.814,40 €, IVE incluído.

Anualidade 2014: 37.703,60 €, IVE incluído.

7. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo V, subgrupo 2, categoría B e concreción dos criterios de solvencia.

b) Empresas estranxeiras:

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

2º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Documentación presentada en sobre cerrado:

Entidade: CIXTEC.

Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

2º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX):

As ofertas deberán presentarse no Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), accesible a través do enderezo: www.conselleriadefacenda.es/silex

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: CIXTEC.

b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

– Data: o quinto (5) día hábil, contado a partir do seguinte ao de finalización de presentación de ofertas. Se ese día coincide en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.00 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– Data: a data e hora anunciarase oportunamente no perfil de contratante e comunicarase aos licitadores.

11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable