Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 26049

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre almacenamento e distribución de bebidas na rúa dos Canteiros, parcelas 69-70 (expediente 601/12).

José Luis García Fernández solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun establecemento de almacenamento e distribución de bebidas na rúa dos Canteiros, parcelas 69-70.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 21 de marzo de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo