Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 25995

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (323/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver estes autos nº 323/2012, promovidos ante este Xulgado do Social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Caterina Pombo Silva, asistida da letrada Marisol Romero Salgado, contra Manuel Beiro Vilas, que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a esta sentenza:

Resolvo que debo aceptar e acepto a demanda presentada por Caterina Pombo Silva contra a empresa Manuel Beiro Vilas e, en consecuencia, condeno esta a lle aboar á demandante 681,93 euros, cantidade que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET. Non hai lugar a condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET».

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013

A secretaria xudicial