Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 26000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2013/125-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: paso de caseta a aéreo do CT Foxo.

Situación: A Estrada.

Descricións técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 36 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV11/1000 da LMTA ao CT Foxo e final no CT aéreo proxectado. Centro de transformación intemperie de 100 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Foxo, A Estrada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de xuño de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra