Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 26002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2013/120-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS liña cero Vilalonga-Grove fase III.

Situación: O Grove.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 KV con condutor tipo RHZ1 en 5 tramos:

Liña cero Vilalonga-Grove fase III: lonxitude: 1.660 metros; orixe: LMTS entre subestación Vilalonga e CT A Graña; final: CT Edf. Torre.

Lonxitude: 72 metros; orixe: LMTS entre os CCTT Edf. Barqueiras e Luis Casais; final: LMTS entre os CCTT O Mariño e Jaime Sola.

Lonxitude: 72 metros; orixe: LMTS entre os CCTT O Mariño e r/ Hospital O Grove; final: LMTS entre os CCTT Edf. Barqueiras e Luis Casais.

Lonxitude: 145 metros; orixe: CT r/ Hospital O Grove; final: CT Jaime Sola.

Lonxitude: 87 metros; orixe: LMTS entre os CCTT Luis A. Mestre e Edf. Torre; final: CT Edf. Torre.

A instalación está situada na zona de San Martiño, O Grove.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 5 de xuño de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra