O Pleno da Corporación Municipal, en sesión realizada o 27 de maio de 2013, adoptou, por unanimidade, o acordo de:
Primeiro. Aprobar o documento Rectificación do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo. Execución das sentenzas ditadas pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 2ª, cos números 467/07, 471/07, 479/07 e 481/07, elaborado en febreiro de 2013 polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Roberto Aya Duarte e presentado na Xerencia Municipal de Urbanismo o 8 de febreiro de 2013 (rexistro de entrada nº 366).
Segundo. Publicar o acordo de aprobación no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial de Pontevedra, e neste último débense publicar, ademais, a memoria e os planos do referido documento técnico.
Terceiro. Remitir este acordo e un exemplar do documento aprobado á Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza.
Con data do 4 de xuño de 2013 remitiuse ao Servizo de Urbanismo de Pontevedra, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestuturas, o acordo de aprobación e un exemplar do documento aprobado.
Sanxenxo, 5 de xuño de 2013
Catalina González Bea
Alcaldesa