Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e trámite ordinario e de urxencia, do expediente 2013/CSUA1/000010 e catro máis.

• Procedemento aberto e trámite urxente.

Subministracións:

– Expediente nº: 2013/CSUA1/000010.

Obxecto: arrendamento de 25 fantomas, taburetes e equipamentos para a sala de simulación da clínica odontolóxica da Facultade de Medicina e Odontoloxía.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 154.958,42 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 4.648,75 euros.

Prazo de execución: 4 anos e 5 meses (3 meses para a entrega inicial).

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

• Procedemento aberto e trámite ordinario.

Subministracións:

– Expediente nº: 2013/CSUA1/000007.

Obxecto: arrendamento de batas de laboratorio que incluirán o lavado/descontaminación, mantemento e reposición das batas do persoal da USC que desenvolve as súas actividades en laboratorios con exposición a axentes biolóxicos, canceríxenos ou mutáxenos.

Localidade: Santiago de Compostela e Lugo.

Provincia: A Coruña e Lugo.

Importe de licitación: 120.000 euros, IVE non incluído, importe estimado.

Garantía provisional: 3.600 euros.

Prazo de execución: 4 anos.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

– Expediente nº: 2013/CSUA1/000008.

Obxecto: adquisición dun esterilizador UHT para produtos alimentarios viscosos con destino á Aula de Produtos Lácteos.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 198.000 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 5.940 euros.

Prazo de execución: 24 semanas para a entrega do equipamento en Lugo. Non inclúe a posta en marcha.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Este expediente está financiado por Convenio de 21.12.2007 entre o Ministerio de Educación, a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e a USC, con fondos Feder. Referencia: UNST07-1E-272.

– Expediente nº: 2013/CSUA1/000009.

Obxecto: adquisición dun sistema de cromatografía líquida de ultraeficacia acoplado con espectrometría de masas de triplo cuadrupolo con destino ao edificio CIMUS.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 200.000 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 6.000 euros.

Prazo de execución: 8 semanas.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 20 de xuño de 2013.

Este expediente está incluído no proxecto INNO-PHARMA, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade a través do Fondo Tecnolóxico, con fondos do programa operativo Feder 2007-2013.

• Servizos:

– Expediente nº: 2013/CSEA1/000001.

Obxecto: servizo de mantemento de zonas verdes e axardinadas do Campus de Lugo.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 312.000 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 9.360 euros.

Prazo de execución: 4 anos con posibilidade de prórroga por outros dous.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 20 de xuño de 2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Servizo de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: os arriba indicados.

b) Número de unidades que se van entregar/executar: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de entrega/execución: os citados anteriormente.

d) Prazo de entrega/execución: os mencionados anteriormente.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: os indicados anteriormente.

5. Garantía.

Provisional: as citadas anteriormente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar no procedemento aberto poderá ser consultada ou descargada na páxina web www.usc.es/contratacion, correo electrónico mailto:contratacion@usc.es.

Obtención de información.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servizo de Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 881 81 12 60, 881 81 12 61, 881 81 12 63, 881 81 12 64.

e) Fax: 881 81 13 66.

f) Enderezo web: www.usc.es/contratacion

g) Data límite de obtención de documentos e información:

– 2013/CSUA1/000010: 14.00 horas do 9 de xullo.

– 2013/CSUA1/000007 e 2013/CSUA1/000008: 14.00 horas do 16 de xullo.

– 2013/CSUA1/000009 e 2013/CSEA1/000001: 14.00 horas do 27 de agosto.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: expediente 2013/CSEA1/000001: grupo: O; subgrupo: 6; categoría: A.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación:

– 2013/CSUA1/000010: 14.00 horas do 9 de xullo.

– 2013/CSUA1/000007 e 2013/CSUA1/000008: 14.00 horas do 16 de xullo.

– 2013/CSUA1/000009 e 2013/CSEA1/000001: 14.00 horas do 27 de agosto.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Reitoría).

Domicilio: Praza do Obradoiro s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Edificio Servizos Administrativos-Biblioteca Intercentros, Polígono de Fingoi, s/n).

Domicilio: Campus Universitario.

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Casa da Balconada.

b) Domicilio: rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data:

– 2013/CSUA1/000010: sobre B: 19 de xullo; sobre C: 29 de xullo.

– 2013/CSUA1/000007 e 2013/CSUA1/000008: sobre B: 29 de xullo; sobre C: 12 de agosto.

– 2013/CSUA1/000009 e 2013/CSEA1/000001: sobre B: 9 de setembro; sobre C: 23 de setembro.

e) Hora: trece horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2013

Por delegación (Resolución de 1.8.2011; DOG de 18 de agosto)
María Lourdes Batán Aira
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela