De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a María Josefa Pérez Lorenzo e Manuel Limia Vázquez para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/98/2012, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar que se levan a cabo no Camiño do Pito, s/n, no termo municipal de Barbadás.
O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes.
Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2013
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística