A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 16 de maio de 2013, resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva a Manuel Fernández Ares, como consecuencia de incumprir a Resolución do 31 de agosto de 2006 pola que se ordena a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio da actividade extractiva en relación coas obras consistentes en movementos de terra para explotación de canteira, apertura de novos camiños e acumulación de entullos levados a cabo no lugar de Monteira, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.
Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2013
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística