Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se empraza o interesado no expediente 14270428/2010, de subvención para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución dun procedemento para declarar o arquivo do expediente de subvención número 14270428/2010 (Orde do 28 de decembro de 2009, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural).

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselle ao interesado un prazo dun mes, contado a partir do seguinte á notificación da resolución, no que poderá interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar ou directamente recurso contencioso-administrativo perante ao órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro que considere pertinente.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar o arquivo do expediente de subvención número 14270428/2010.

Interesado: Fermín Díaz Calvo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Valle Inclán, 8, 2º D, 27000 Navia de Suarna (Lugo).