Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a declaración de deserto do servizo de xestión integral de espazos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (AB-EIO1-13-004).

Mediante Resolución da xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, do 6 de xuño de 2013, acórdase a declaración de deserta na licitación do servizo arriba sinalado, publicado no Diario Oficial de la Unión Europea o 5 de marzo de 2013, no Boletín Oficial del Estado do 21 de marzo de 2013 e no Diario Oficial de Galicia do 27 de febreiro de 2013, por falta de licitadores, ao non presentarse ningunha oferta.

Ourense, 6 de xuño de 2013

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras