Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 5 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazo o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador LU-15/2011.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo; Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 5 de xuño de 2013

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: E.S. LU-15/2011.

Interesado: Fernando Miguel Arias.

Último enderezo conocido: rúa do Poste, 1-1º A, 4 Rubián, Bóveda, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de execución de resolución do expediente sancionador.