Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 2013082TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 12 de abril do 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013082TA-OU, a Marcia de Jesús Coelho, NIE X7707016S, con domicilio na avenida de Ourense, 138, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Marcia de Jesús Coelho, NIE X7707016S, con domicilio na avenida de Ourense, 138, 32630 Xinzo de Limia (Ourense), o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo 15 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, de ser o caso, copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido de dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 4 de xuño de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013082TA-OU.

Denunciado: Marcia de Jesús Coelho.

Documento de identificación: NIE X7707016S.

Último enderezo coñecida: avenida de Ourense, 138, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria

Precepto infrinxido: artigo 19.2.a) de la Lei 28/2005, de 26 de decembro de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).