Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25613

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle CEIP Emilia Pardo Bazán (expediente 631/138/2012).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 6 de maio de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ampliación en edificio independente do CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña.

Segundo. Ordenar a dilixencia do documento, así como o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para procurar a entrada en vigor do estudo de detalle.

Terceiro. Notificar o acordo de aprobación definitiva aos titulares catastrais, aos departamentos municipais de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico, Oficina do SIX de planeamento e ao promotor, que será requirido, ademais, para que no prazo de dez (10) días presente en soporte informático a documentación aprobada para a súa incorporación ao Sistema de información xeográfico municipal».

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para os efectos da entrada en vigor do estudo de detalle, o 3 de xuño de 2013.

Este acordo pon fin á vía administrativa e pódese interpor contra el recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se realice a súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

O que se publica para os efectos oportunos.

A Coruña, 3 de xuño de 2013

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo