Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de xuño de 2013 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente IU3/64/2012-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio dos destinatarios.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Arturo Fernando Morgado e á Asociación de Veciños parroquia de Rairo, no expediente núm. IU3/64/2012-R1, en relación ao recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 2 de maio de 2013, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación de planta baixa, no lugar de Rairo, no termo municipal de Ourense.

O expediente mencionado encóntrase á disposición dos interesados nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñerán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións que consideren procedentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística