Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, de traslado do expediente solicitado polo Xulgado do Contencioso- Administrativo número 1 de Santiago de Compostela e emprazamento aos interesados no procedemento abreviado 0000326/2013.

Recibiuse neste centro directivo escrito do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, no que se solicita a remisión do expediente administrativo relativo a Resolución do 4 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se exime da obriga de manter dous postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal o Consorcio As Mariñas (DOG nº 40, do 26 de febreiro) que motivou a apertura do procedemento abreviado 0000326/2013 e segundo o disposto no artigo 49 da da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, achégase copia autentificada deste, debidamente foliado e co índice correspondente.

En consecuencia, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, esta dirección xeral, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 15.1º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, en relación coa Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias,

RESOLVE:

Acordar nesta data a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2013

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local