Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25504

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (913/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamento en xeral 913/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Diego Martínez Ramos contra a empresa Austral Instalaciones, S.L., o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), a Administración concursal de Austral Instalaciones, S.L. e Luis Fernando Linares Torr, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 15 de maio de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre resolución do contrato 913/2012 (acumulados 990/2012 Xulgado do Social número 1), en que é demandante Diego Martínez Ramos, asistido polo letrado Sr. Pampín Miras, e demandada a empresa Austral Instalaciones, S.L., así como a Administración concursal da empresa Austral Instalaciones, S.L., comparecida a través do administrador concursal Juan Carlos Rodríguez Maseda (Dictum), despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa),

Dispoño que debo aceptar e acepto a demanda interposta por parte de Diego Martínez Ramos contra a empresa Austral Instalaciones, S.L., así como contra a Administración concursal da empresa Austral Instalaciones, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento de Diego Martínez Ramos, con data de efectos do 13 de agosto de 2012, e extinguido, con data da presente sentenza, o contrato de traballo entre Diego Martínez Ramos e a empresa Austral Instalaciones, S.L., como consecuencia do incumprimento contractual do empresario, e, en consecuencia, condeno a empresa demandada ao aboamento en favor do actor da cantidade de 22.992,39 euros, en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

Para que conste e lle sirva de notificación a Austral Instalaciones, S.L., en paradoiro ignorado, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de maio de 2013

A secretaria xudicial