Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 19 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude do permiso de exploración mineira Lago II, número 6056.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG nº 109), sométese a información pública a solicitude do permiso de exploración que se cita:

Solicitante: Goldquest Ibérica, S.L.

Domicilio social: rolda Norte, 7 piso 23-A (Torre de la Rosaleda), 24400 Ponferrada (León).

Denominación: Lago II.

Número: 6056.

Situación: concellos da Fonsagrada, Baleira, Baralla e Becerreá.

Cuadrículas mineiras: 396.

Recurso: cinc, cobre, ouro, prata e chumbo.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice Lonxitude Latitude

1 -7° 09’ 00” 42° 54’ 00”

2 -7° 13’ 00” 42° 54’ 00”

3 -7° 13’ 00” 43° 05’ 00”

4 -7° 09’ 00” 43° 05’ 00”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado na rolda da Muralla 70, 27071 Lugo, no prazo de trinta días, a partir da última publicación.

Lugo, 19 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo