Intentada a notificación aos titulares dos establecementos que se indican a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditaron resolucións nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo por infraccións da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.
Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que serán facilitados no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial, sito no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.
A Coruña, 6 de xuño de 2013
María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente |
Denunciado |
Enderezo |
Establecemento |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Resolución |
AC-EP 60/2013 |
Luose Explotaciones, S.L. |
R/ Torreiro,11, soto 15001 A Coruña |
Aeroclub |
26 e) da LO 1/1992 |
28 da LO 1/1992 |
210,00 € |
AC-EP 78/2013 |
Actividades Puntuales, S.L. |
R/ Juan Flórez, 48 15004 A Coruña |
Pirámide |
26 e) da LO 1/1992 |
28 da LO 1/1992 |
100,00 € |
AC-EP 43/2013 |
Manuel Álvarez Álvarez y otros, S.C. |
Avda. de Arteixo, 120, 3º D, A Coruña |
Dezhavu |
26 e) da LO 1/1992 |
28 da LO 1/1992 |
180,00 € |
AC-EP 81/2013 |
Manuel Álvarez Álvarez y otros, S.C. |
Avda. de Arteixo, 120, 3º D A Coruña |
Dezhavu |
23 o) da LO 1/1992 |
28 da LO 1/1992 |
301,00 € |