Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN da Presidencia do Parlamento de Galicia, do 31 de maio de 2013, pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa para a prestación do servizo de interpretación da lingua de signos no Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o seguinte anuncio de licitación da contratación administrativa para a prestación do servizo de interpretación da lingua de signos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior do Parlamento de Galicia.

c) Obtención de documentación e información.

1) Dependencia: Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 111, do 30 de maio de 2013, e na páxina www.parlamentodegalicia.es).

2) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4) Teléfono: 981 55 13 00.

5) Telefax: 981 55 14 09.

6) Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.parlamentodegalicia.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: GP-PA-4/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de interpretación da lingua de signos.

c) División por lotes e número de lotes: non hai división en lotes.

d) Lugar de execución:

1) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

e) Prazo de execución/entrega: un ano.

f) Admisión de prórroga: polo tempo que acorde a Mesa do Parlamento ata un máximo doutro ano máis.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79540000 Servizos de interpretación.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas. Prezo: de 0 a 55 puntos; criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor. Valor técnico da oferta: de 0 a 45 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 100.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 50.000,00 €. Importe total: 60.500,00 €.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de licitación.

c) Complementaria: no caso de que o licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa temeraria, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía polo importe do 5% do prezo de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas particulares e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación for un día festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia.

2. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata tres meses contados desde a presentación.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: dúas sesións públicas de apertura de ofertas, unha para sobres B e outra para sobres C.

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

d) Data e hora: no día e hora que oportunamente se lles comunicará aos licitadores e se publicará no perfil de contratante da páxina web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publicados no BOPG núm. 111, do 30 de maio de 2013, e na páxina www.parlamentodegalicia.es).

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2013

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia