Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 28 de maio de 2013 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 7 de febreiro de 2013 que fixa o prezo xusto do predio número 15 sito no Saviñao, relativo ao proxecto 01051, expediente 2011/000360.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Sergio Fernández Sánchez o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 7 de febreiro de 2013 que fixa o prezo xusto do predio número 15 sito no Saviñao, relativo ao proxecto 01051, expediente 2011/000360, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01051-LMT ao CT Licín II. Exp. 025/2006 AT. TM O Saviñao.

Nº de expediente: 2011/000360.

Persoa que se notificará: Sergio Fernández Sánchez.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Deleg. Prov. Lugo.

Expropiado: Sergio Fernández Sánchez.

Beneficiario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Predio nº: 15.

Concello: O Saviñao.

Provincia: Lugo.

Valoración da resolución do xurado: 46,12 €.