Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, para a contratación da xestión e explotación do servizo de cafetaría no Complexo Administrativo de San Caetano e a instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos (“vending”) nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 42 85 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 54 45 48.

5) Telefax: 981 54 42 39.

6) Correo electrónico:

maria.blanco.aller@xunta.es

manuel.perez.gonzalez@xunta.es

emilio.jose.iglesia.lema@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19113

8) Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2013 CON 05 PL.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: xestión e explotación do servizo de cafetaría no Complexo Administrativo de San Caetano da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela e a instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos (vending) nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Santiago, Ferrol, Lugo e Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) Lugar de execución: sedes dos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Vigo.

e) Prazo de execución: catro anos contados desde o día seguinte ao da data da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si, por dous anos máis como máximo.

g) CPV: 55330000-2 e 55400000-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na alínea J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Canon mínimo de licitación.

Anualidade

Canon cafetaría

2013

   833,33 €

2014

2.000,00 €

2015

2.000,00 €

2016

2.000,00 €

2017

1.166,67 €

Total

8.000,00 €

Canon total dos catro anos de vixencia do contrato: 8.000,00 €.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non se require.

Definitiva: o importe equivalente ao 5 % do total do canon ofertado polo adxudicatario para os catro anos de vixencia do contrato.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se require.

b) Solvencia:

– Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

– Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1) Dependencia: oficina do Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12.00 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza