Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2013/33-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT e CT rúa Paraguay.

Situación: O Carballiño.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV de 380 m con condutor RHZ1, con orixe na LMT ao CT Julio Rodríguez Soto (32C222) e remate na LMT ao CT estrada de Ribadavia (32CFV1), con entrada e saída no CT proxectado non prefabricado manobra exterior, de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 44.593,56 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 27 de maio de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense