Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 12 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións dos procedementos de revisión de oficio (expediente RRO/DC/2012/00046 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se indican no anexo as resolucións da revisión de oficio, devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos Edificios Administrativos San Caetano en Santiago de Compostela.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Nº licenza de caza

Data de expedición

Nº da revisión de oficio

Nome do interesado

2012-1501-0010

20.1.2012

RRO/DC/2012/00046

José Ángel Calvo del Río

2012-1501-0068

6.3.2012

RRO/DC/2012/00066

Víctor Manuel Pérez Costa

2011-1501-0011

24.1.2011

RRO/DC/2012/00070

Juan Carlos Tizón Deive

2011-1501-0139

10.6.2011

RRO/DC/2012/00096

Juan José Vila Argibay