Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 11 de xuño de 2013, do Servizo Provincial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 27.029/13.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70 de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 11 de xuño de 2013

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 27.029/13.

Interesado: Bicicletas Sebici, S.L.

NIF: B91986455.

Acto notificado: acordo de iniciación do 24 de abril de 2013.