1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable Cixtec.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Obtención da documentación e información:
1) Dependencia: Cixtec
2) Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702
4) Teléfono: 981 54 13 37.
5) Telefax: 981 54 12 70.
6) Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es
7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es
8) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
2. Obxecto do contrato.
a) Nº expediente: 2013-009.
b) Tipo: subministracións.
c) Descrición do obxecto: subministración de electrónica de comunicacións, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).
d) Lugar de entrega: o indicado no prego de prescricións técnicas.
e) Prazo de entrega: 90 días desde a formalización do contrato.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV: 32420000-3.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: pluralidade de criterios.
d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Financiamento.
Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e nun 20 %, con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) e con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1.611A.626.0 do Cixtec para o exercicio 2013, onde existe crédito adecuado e suficiente, no seu orzamento de capital, para atender as obrigas derivadas desta contratación.
5. Valor estimado do contrato.
Importe: 180.000,00 euros.
6. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 180.000,00 euros. Importe total: 217.800,00 euros.
7. Garantías exixidas.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.
8. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non se exixe.
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación de ofertas:
1) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.
2) Ofertas presentadas a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 23.59 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Modalidad de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1) Documentación presentada en sobre cerrado:
Entidade: Cixtec.
Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
2) Documentación presentada a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: http://www.conselleriadefacenda.es/silex.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Cixtec.
b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:
– Data: o sexto (6) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.
– Hora: 10.00 horas.
Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:
– Data: anunciarase no perfil do contratante e comunicaráselles aos licitadores.
– Hora: 10.00 horas.
11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por líña publicada no DOG.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tribuntaria,
Económico-Financeira e Contable